Existe a idea de que Jane Austen era unha señora de vida aburrida que escribía dende unha aldea na campiña inglesa onde pasaba pouco ou nada.
Porén, a verdade é moito máis interesante.
Dende a súa casa rural, Jane Austen conseguiu crear historias universais e personaxes dos que seguimos namorando dous séculos despois do nacemento da súa autora.
Nesta biografía, que é tamén libro de viaxes, coñeceremos os lugares nos que viviu e traballou Jane Austen para así entender como escribía, de onde sacaba as súas ideas e quen era ela realmente.
Raquel C. Pico (Santiago de Compostela, 1984) era unha adolescente aburrida nunhas vacacións familiares cando leu a Jane Austen por primeira vez. Dende entón é cada ano máis janeite e pensa que toda escusa é boa para facer peregrinacións literarias. Traballa como xornalista e escritora, e é unha das autoras, xunto con Ana Bulnes e María Ramos Domínguez, de Emma (especialmente anotada e prologada para o público xuvenil), que publicou esta mesma editorial (porque aínda mellor que traballar con Jane é facelo ademais coas túas amigas).
/eh/2025-01-08/173633966714069467/picture.png)
/eh/2025-07-08/1751962110204480194/picture.png)
/eh/2025-06-21/1750485741321434291/Hi-Sign-in-My-Nihao.png)
/eh/2025-06-21/1750485837193896318/cart.png)
/eh/2025-06-21/1750485968202533847/cart.png)
/eh/2025-04-17/1744862476612819675/hot-img.png)












