O volume Andrómenas e credos reúne o froito de tres décadas de recolleita e estudo da mitoloxía popular de Cerdedo e a comarca de Terra de Montes.
Criaturas fantásticas, lugares marabillosos, paisaxes arroubadoras, espazos sagrados e umbilicais –a revelación da Montaña Máxica do Seixo–, heroes e viláns, costumes, ritos, contos, lendas, conxuros, milagres, obxectos de poder, relatos fundacionais…, portentos saídos do pobo e retornados ao pobo con aglaio e requinte.
Esta biblia da mitoloxía montañesa amasouse e aformigou tras bortelar ben bortelada a fariña contida nos foles da colección Cerdedo in the Voyager e da colección Solea Scripsit (2002-2025), masa copeada e enfornada de vagar na tafona de Edicións Morgante.
Para a elaboración desta “Suma mitolóxica” –o nº 27 da Voyager– volveuse zugar con fruición dos testemuños orais e escritos, sempre na procura do xenuíno, da orixinalidade, da palabra certa…, engadindo e corrixindo, primando a conservación, a valorización e a divulgación do material recadado.
Dende Cerdedo para o mundo, as liñas de investigación e intervención cultural (publicacións, roteiros, charlas, descubertas…) desenvolvidas no concello e na comarca de Montes anos andados convertéronse en referente ou fonte de inspiración para outros moitos investigadores e afeccionados, circunstancia que nos fai sentir fondamente satisfeitos. Sapere aude. Vai polas ánimas.
Calros Solla, nado en Pontevedra en 1971, é profesor de lingua, etnógrafo e escritor. No eido poético, foi merecente en 2010 do premio Johán Carballeira de poesía. É artífice dos itinerarios culturais Roteiro Sarmento (Cerdedo) e Roteiro da Montaña Máxica (monte do Seixo), inseridos no seu Proxecto Montaña Máxica, co que porfía, a carón da colección de ensaios Cerdedo in the Voyager, na dignificación da terra cerdedense. En colaboración co Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca realizou o documental Monte do Seixo. A Montaña Máxica (2009). Ao seu labor investigador e creativo engádese a súa faceta de conferenciante no ámbito da mitoloxía popular e da defensa do patrimonio. Adoito colaborador da prensa escrita, mantén na internet o blog O Embigo do Becho.
/eh/2025-01-08/173633966714069467/picture.png)
/eh/2025-07-08/1751962110204480194/picture.png)
/eh/2025-06-21/1750485741321434291/Hi-Sign-in-My-Nihao.png)
/eh/2025-06-21/1750485837193896318/cart.png)
/eh/2025-06-21/1750485968202533847/cart.png)
/eh/2025-04-17/1744862476612819675/hot-img.png)







![Dalek // Beast Double-Sided Token [Doctor Who Tokens]](https://cdn.shopify.com/s/files/1/0745/3147/1635/files/6b03d1c4-01e0-5f6e-b9ff-58c9a6f5f7b4_d8f4fd3e-7c83-44fe-b30f-ba63150def8e.png?v=1776408461)
![Alien Warrior // Treasure (0030) Double-Sided Token [Doctor Who Tokens]](https://cdn.shopify.com/s/files/1/0745/3147/1635/files/76c50fa1-167c-5d93-b9d7-cfc873f8a6b5_c735c751-1680-445b-9110-99e575fb92a3.png?v=1776408471)
![Copy // Treasure (0029) Double-Sided Token [Doctor Who Tokens]](https://cdn.shopify.com/s/files/1/0745/3147/1635/files/db456938-9dc8-58bc-8dce-fd58b69261e4_23789571-28c1-432e-92ce-3f431626d317.png?v=1776408463)
![Horse // Clue (0022) Double-Sided Token [Doctor Who Tokens]](https://cdn.shopify.com/s/files/1/0745/3147/1635/files/2efe145f-90d9-53b4-9817-067b96cf27cc.png?v=1751323256)
![Alien // Cyberman Double-Sided Token (Surge Foil) [Doctor Who Tokens]](https://cdn.shopify.com/s/files/1/0745/3147/1635/files/480ff4d1-619d-5308-ac4e-21e49b58ff31_3ea75dc9-14ca-4530-9192-7f7fb5044629.png?v=1776408938)
